Innovación en servizios de auga para o teu municipio
En Veolia ofrecemos servizos de xestión do ciclo integral da auga para os concellos, combinando innovación, sostibilidade e eficiencia. O noso obxectivo é reducir o impacto ambiental, mellorar a calidade de vida das persoas e liderar a transformación ecolóxica.
Traballamos para desenvolver un novo modelo de cidade: intelixente, circular e resiliente, onde a xestión da auga é clave para o futuro do territorio.
Así xetigonamos o ciclo integral da auga
Ofrecemos solucións completas que abarcan todas as fases do ciclo da auga, desde a captación ata a reutilización.
Xestión de recursos hídricos
Xestionamos de maneira eficiente os recursos hídricos, reducindo o impacto sobre o medio natural e aumentando a resiliencia dos territorios. Preservar o recurso implica:
- Reducir a presión sobre as captacións de augas superficiais e subterráneas.
- Aumentar a rexeneración e a reutilización da auga.
- Reducir a contaminación e controlar as verteduras.
Deste xeito impulsamos o uso eficiente dos recursos hídricos, reducimos o impacto sobre o medio natural e aumentamos a resiliencia dos territorios.
Potabilización da auga
Garantimos o acceso a auga potable de calidade mediante tecnoloxía avanzada e control continuo.
- Procesos avanzados de tratamento e potabilización da auga.
- Cumprimento da normativa ambiental e sanitaria.
- Control exhaustivo da calidade da auga.
Apoiamos as administracións para asegurar unha subministración de auga potable segura e fiable para a cidadanía.
Distribución de auga potable
Xestionamos e optimizamos as redes para unha subministración eficiente.
- Monitorización e mantemento de redes de distribución de auga.
- Seguimento dixital dos sistemas de distribución. Análise e interpretación de datos para a mellora da operación en tempo real.
- Mellora do rendemento hidráulico. Redución de fugas e perdas.
Levamos auga desde as plantas ata os fogares garantindo unha subministración de auga continua e de calidade.
Rede de sumidoiros e depuración de augas residuais
Xestionamos as redes de sumidoiros e as plantas de tratamento de augas residuais urbanas.
- Sistemas de drenaxe urbana sostibles. Mellora da xestión de augas pluviais.
- Procesos avanzados de tratamento en depuradoras.
- Control e mellora de infraestruturas.
- Transformación de depuradoras en ecofactorías, fomentando a recuperación de recursos (rexeneración de auga, produción de enerxía renovable e valorización de residuos).
Impulsamos un modelo baseado na economía circular da auga, en colaboración coas administracións locais.
Reutilización da auga e retorno ao medio natural
Fomentamos o uso eficiente dos recursos hídricos, promovendo, entre outras cousas:
- A reutilización de augas rexeneradas.
- O retorno ao medio ambiente de augas tratadas coa calidade axeitada.
- A conservación e restauración de ecosistemas como ríos e acuíferos.
Traballamos cara a unha xestión circular da auga, onde os recursos se aproveitan e se transforman para novos usos.
Atención ao cliente en servizos de auga
Aseguramos unha atención ao cliente próxima e accesible, adaptada ás súas necesidades, ofrecendo servizos baseados na anticipación.
- Atención omnicanle (oficina, teléfono, en liña).
- Xestión de incidencias e consultas.
- Avisos personalizados sobre o consumo e o servizo.
- Especial atención a persoas en situación de vulnerabilidade.
O noso compromiso é ofrecer unha experiencia do cliente áxil, inclusiva e personalizada en todos os servizos de auga.
1.223 hm³
de auga subministrada
946 hm³
de auga depurada
155 hm³
de auga reutilizada
+ 75.000 km
de redes de distribución xestionadas
35.000 km
de redes de saneamento xestionadas
2 millones
de contadores intelixentes